
Exposición «Deseño de Sistemas. Escola de Ulm» en Vigo
Jue, 07/06/2012 - Dom, 14/10/2012A Fundación Barrié presenta na súa sede de Vigo a exposición Deseño de Sistemas. Escola de Ulm, do Ulmer Museum–HfG-Archiv, Ulm (Alemaña), unha exposición organizada polo Disseny Hub Barcelona (DHUB), que mostra unha visión panorámica do traballo da Escola de Ulm na configuración do deseño e a formación dos deseñadores. Comisariada por Neus Moyano, Javier Nieto e Gillermo Zuaznabar, a exposición, que ocupa dous andares da Fundación Barrié en Vigo, divídese en cinco áreas (sistemas de moblaxe, sistemas de construción, sistemas de electrónica, identidade corporativa e sistemas de comunicación), e presenta o traballo da Escola de Ulm (1953-1968), punto de inflexión e xenuíno comezo das correntes modernas de desenvolvemento do deseño na industria e na formación de deseñadores de produto. A mostra, composta por 70 pezas procedentes do arquivo da Hochschule für Gestaltung de Ulm (Alemaña) e de coleccións privadas e arquivos españois, explora –dende os antecedentes, posto que a peza máis antiga é unha cadeira Thonet (1859) despezada, até a actualidade– o concepto de sistema, expresado como conxunto de compoñentes enlazados racionalmente entre si, que son capaces de xerar un obxecto ou de contribuír ao seu desenvolvemento e formación.
Pode consultar novas sobre a inauguración clicando aquí.









